26.05.17

Reception e Year 1 celebran o primeiro Concurso de Debuxo do Día das Letras Galegas

Os cursos de Reception e Year 1 celebraron o I Concurso de Debuxo do Día das Letras Galegas. Como este ano o homenaxeado foi Carlos Casares e o seu conto máis coñecido é “A Galiña Azul”, os nosos alumnos tiveron que debuxar e decorar con diversos materiais as súas propias galiñas.

bal

bal

Estiveron moi motivados e esforzáronse moitísimo nos seus traballos, para o cal contaron tamén coa axuda de algunha mamá. Finalmente, o xurado tivo que elexir as galiñas gañadoras, tendo en conta a calidade e o esforzo dos cativos.

bal

O primeiro premio foi un conto en galego, que os gañadores compartiron con moita ilusión con todos os seus compañeiros.

bal